O derradeiro programa da tempada, no que falamos das novas da xente de BolboreTea Fam Teenses Neurodiversidade, Arc Os Tilos, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Colectivo A Rula, ANPA A Rabadela, Asociación Entre as Pontes, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R. e Club San Francisco Teo.
Tivemos moita música... co cal, aos Mileth e A banda da Loba sumaráselles a música de BALA, TANXUGUEIRAS, MOURA, Belém Tajes, Barbarian Prophecies, Os d'Abaixo, Suevia , Agoraphobia , Ith, Raíñas, Vertotemazos, Paco Nogueiras Nodar, Pakolas e ZENZAR.
Temos a despedida das seccións de conversas de economía por juasap con Benjamin Lopez e da de cine e series de Cintia París que agardemos tamén os poidamos ter a tempada que ven, agradecéndolles moitísimo esa colaboración coa que enriqueceron o programa.
Conversamos con Iago Martínez Anta da compañía de teatro teense A Tequerreté Teatro, que estrean nova obra o día 9 de Xullo no Auditorio Constante Liste de A Ramallosa en Teo e nos fala un anaquiño dela.
E Patty Castro no seu Mulleres Galegas Kañeras tivo ao resto de mulleres que participarán no festival Ás 9 na Praia (a Uxía xa a podedes escoitar no audio que vos compartimos o mércores) que foron Zeltia e Irevire, Carolina Rubirosa Music, Silvia Penide, MJ Perez, Cora Velasco e Pauliña.
Moitísimas grazas por escoitarnos, seguirnos e apoiarnos. Ogallá sexa por moito máis tempo...
Comentarios