Primeiro programa do ano 2022 de A Nova Realidade.
Demos información sobre as asociacións BolboreTea Fam Teenses Neurodiversidade, Arc Os Tilos, Arexionalista Teo, Rosalia De Castro Cacheiras, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, A Ponte Vella, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, Asociación Amigos peludos de Teo, ANPA Cobas-Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., Patinaxe Artistica Teo e Club San Francisco Teo.
Escoitamos moita música, coma sempre, de xente de acó coma son os nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba, a quenes se lle suman Monoulious DOP, Bule, Os Bar Ban Sónicos, Os d'Abaixo, Superoito, Tandub OU, Barbarian Prophecies, Xhamain e fixémoslle unha homenaxe e quixemos alentar e desexarlle moita sorte ás nosas queirdas TANXUGUEIRAS co seu tema Terra, unha versión que fixo un grego dela e a colaboración que fixeron con Muerdo.
Falamos con Jacobo Mouriño guitarrista e vocalista en grupos coma Dioivo e Mileth que nos informou dun movemento que se está a xerar en Vigo chamado Grupos de Vigo en Loita.
E tivemos as nosas seccións habituais, como as conversas de economía por whatsapp con Benjamin Lopez, a de música nas series e nas pelis de Alicia De Galicia e o sempre ocurrente Cosendo Teo de Alejandro Regueiro.
Tamén podedes axudarnos económicamente se vos presta, máis información en axentedeteo.gal ou poñéndose en contacto co teléfono 658404333 se te queres anunciar na radio e axudarnos a medrar. Escoitámonos!!
Comments