Episodio Especial día do Libro 2022 coas novas de BolboreTea Fam Teenses Neurodiversidade, Arc Os Tilos, Arexionalista Teo, Asociación Trinxidoiro, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, A Praíña - Entreaspontes, Asoc. Cultural Pozo da Xerpa, Asociación Amigos peludos de Teo, ANPA Cobas-Os Tilos, Anpa A Rabadela, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo e Club San Francisco Teo.
Coa música dos Mileth e A banda da Loba que se lles unirán Arrhythmia, BLOODHUNTER, Broken Peach, Dúo Vaguedades, MEU, Minguante, Carolina Rubirosa, Nastasia Zürcher e Ortiga con Pili Pampin.
As nosas seccións, que tamén celebran o día do libro co profe Benjamin Lopez nas conversas de economía por juasap, a Alicia De Galicia na súa sección de música nas series e nas pelis e o gran Alejandro Regueiro co seu Cosendo Teo.
E, sobre todo, moita xente que se nos quixo sumar á celebración, enviando audios con recomendacións de libros para que tomedes conciencia de que os libros son utensilios que sirven para algo máis que ter gardados nun estante. Moitísimas grazas a toda a xente que nos enviastes os audios e quixestes colaborar co programa. Unha grande aperta!
Comentarios