“Fálame de San Sadurniño” xurde dunha actividade desenvolvida na Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño para conmemorar o 17 de maio do 2013, día das Letras Galegas e tamén día de Internet, conxugando na mesma actividade a defensa da lingua galega e o emprego das TIC.
Basicamente a actividade consiste na realización de obradoiros colaborativos no que @s participantes aprenden a dixitalizar e xeolocalizar fotografías; posteriormente gravan un audio explicativo de cada imaxe, para subir logo o resultado final á web www.falamedesansadurnino.org: un espazo na rede no que simples fotos faladas cargan de sentido colectivo a pequenas vivencias individuais que, so en aparencia, semellan desconectadas.
Mais o proxecto non só pretende reflectir os tempos pasados de San Sadurniño, senón tamén o seu presente a través de imaxes, sons, vídeos ou documentos que nos “falen de SanSa” na actualidade, para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria que sostén o devalar cotián das xentes, empresas, asociacións ou creador@s das terras de San Sadurniño.
O proxecto segue medrando en cursos sucesivos que se imparten polas sete parroquias do Concello, estando ademais aberto a todas as persoas, sexan ou non de San Sadurniño, por suposto sempre que teñan algo que “falar” do noso concello. Por iso, fora das actividades formativas da aula, calquera persoa pode colaborar aportando as súas fotos e a súa fala, ou a través de documentos, sons ou vídeos da súa creación. Falame de San Sadurniño publica "unha historia cada día". Podes ver aquí o día a día do proxecto.
Non esquezas que " Fálame de San Sadurniño” perténcenos a todos-as; é un proxecto colectivo dos veciños e veciñas de San Sadurniño.
Has elegido rechazar las cookies basadas en consentimiento que utilizamos principalmente para gestionar la publicidad. En adelante, para acceder a nuestra web tienes que elegir alguna de las siguientes opciones.
Con tu consentimiento, nosotros y nuestros 813 socios usamos cookies o tecnologías similares para almacenar, acceder y procesar datos personales, como tus visitas a esta página web, las direcciones IP y los identificadores de cookies. Algunos socios no te piden consentimiento para procesar tus datos y se amparan en su legítimo interés comercial. Puedes retirar tu consentimiento u oponerte al procesamiento de datos según el interés legítimo en cualquier momento haciendo clic en ''Obtener más información'' o en la política de privacidad de esta página web.
Nosotros y nuestros socios hacemos el siguiente tratamiento de datos:
Almacenamiento y acceso a información de geolocalización con propósitos de publicidad dirigida, Almacenamiento y acceso a información de geolocalización para realizar estudios de mercado, Almacenar la información en un dispositivo y/o acceder a ella , Datos de localización geográfica precisa e identificación mediante análisis de dispositivos , Publicidad y contenido personalizados, medición de publicidad y contenido, investigación de audiencia y desarrollo de servicios , Uso de cookies técnicas o de preferencias.