Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX.
Neste audio: fragmentos da correspondencia mantida entre Santiago Casares Quiroga e María Casares no período comprendido entre 1946 e 1949, cando ela estaba rodando películas en Italia, Marrocos e Niza e el, xa viúvo e enfermo, residía en París. Esta relación epistolar está recollida no libro “Cartas no exilio: correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949)”, edición de María Lopo e publicado en Baía Edicións.
Programación Ano Internacional María Casares nas BMC: https://www.coruna.gal/descarga/1453786373895/programacasares.pdf
Comments