Exercicio de meditación sobre a deusa Navia, a deusa das augas fecundas.Texto da meditación e fotos de Ana Cuncún , voz e producción de Patty Castro para Acouga, Sosego en Galego, setembro de 2021.
pasamos a relatas mais sobre o emprazamento e historia do sitio e a propia historia da Deusa Navia, esperamos que desfrutedes desta viaxe meditativa as profundidades da nosa terra, para coñecer mellor as nosas raices Galaicas.
Na aldea de Figueiras, parroquia de Santa Mariña de Lesa, atopase a Pena Furada , nun outeiro a 280 metros entre os ríos Mandeo e Mendo, e que conta cunhas extraordinarias vistas e cunha destacada incidencia da luz solar.
Neste santuario rupestre galaicorromano, delimitado con muros perimetrais, destaca como elemento principal a presenza da Moura, un antropomorfo que representa una figura femenina dotada de volume e na que destaca fundamentalmente a súa vulva, o que podería representar a fertilización no mundo simbólico da idade de Ferro e máis concretamente podería estar relacionada coa deusa Navia. Á carón da Moura atopamos unha pía cuadrangular para a realización de ofrendas. A figura está orientada ó oeste, polo que ó mediodía é cando mellor se pode apreciar, quedando case oculta ó atardecer.
E ben sabido por varias historiadoras a importancia de Navia como deusa precristiana, e como se puido converter esta deusa das augas na cristiana Santa Mariña... como a parroquia a que pertence a figura antropomorfa da deusa de Coirós.
Navia naceu sobre a terra ao chorar ésta cando seu home (o Ceo) foi separada dela, formándose así un río subterráneo que asoma á superficie polos pozos peagos e a través de tódolos ríos, sendo a fronteira natural entre o noso Universo e o Outro Mundo (o alén).
Xa de pequena era moi rebuldeira e contan que andaba sempre roubándolle as espadas ao seu irmán Bandua, tanto que finalmente a chegaron nomear como coronel do exército castrexo; pero como sempre remataba por afogar a todo o mundo os outros deuses conspiraron para que o posto de lavandeira da noite, ou Caronte (barqueira dos mortos) recaeses en ela e así de paso pois xa se levaba os fiambres canda ela deica o reino subterráneo de Reve.
Aparece en moitos ciclos mitolóxicos dos grandes herois dos castros, sobre todo na saga de Camalo, ou ciclo heroico do touro de Coeliobriga, cando se lle aparece unha vella vestida como un chófer de autocarros que en vez de levar coche leva cando ela un carro tirado por bois e en vez de herba ou madeira leva moita xente dentro, nese preciso intre o heroe sabe que vai morrer por ver a deusa Navia desa facha.
Nos cantos órficos de Pondal aparece Navia en varias historias nas garda as portas do alén contra os desexos contranatura do xoglar Mendiño que quere ir buscar á súa "senhor" ao Alén e voltara de novo a vida e só o deixa pasar tras levarlle unha almáciga.
Meditación producida e creada en 2021 por Patty Castro e texto de Ana Cuncún, para acouga, sosego en galego.
Comentarios