Tiruleque

Tiruleque

Descripción

Tiruleque naceu como banda en 2002, ano no que se reuniron cinco rapaces procedentes da música tradicional e cunhas inquedanzas musicais compartidas. A partir de entón, o proxecto musical iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras moitas influencias e procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición. Dese xeito, o grupo conseguiu acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e agora Outro que tal baila (2018). Co seu repertorio, actuaron nos principais festivais de música tradicional e folk de Galicia. TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade os seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio a nivel galego, nacional e internacional. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Quempallou ou Kepa Junkera, entre outros. +info: www.tiruleque.com tiruleque@tiruleque.com Contratación: tiruleque@tiruleque.com Redes sociais: FACEBOOK: https://www.facebook.com/tiruleque YOUTUBE: http://www.youtube.com/tiruleque2002

Leer más Leer menos


Intereses

Músicas del mundo y otras


Descubre más


Comentarios

Imágen de usuario

Últimos episodios subidos de Tiruleque