Podcast
Rosalía de Castro
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de Cantares gallegos, Castro bota unha ollada nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia onde viviu por tempadas canda a súa nai entre os nove e quince anos. Unha infancia lembrada por cancións, risas e as badaladas das campás.
En setembro de 1853 unha epidemia de tifo puxo en grave perigo a vida de Rosalía (con 16 anos), en Muxía, onde fora á romaría da Virxe da Barca. De feito, acabou coa da súa amiga Eduarda Pondal, irmá do poeta. No inverno dese mesmo ano unha gran fame asola Galicia.
Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 xa vivían nesa cidade. Os seus estudos deberon ser escasos. Alí comezou a formarse en torno á Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago. En Santiago recibiu formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
Familia
A familia en 1884, do estudio fotográfico de Manuel Palmeiro.
En abril 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu coa súa curmá María Josefa del Carmen García-Lugín y Castro, na rúa da Ballesta. En 1857 publicou o seu primeiro libro, o poemario La Flor, do que o escritor Manuel Murguía fixo unha recensión no xornal La Iberia do 12 de maio dese mesmo ano. O 10 de outubro de 1858, encinta, casou con Murguía, na igrexa de Santo Ildefonso. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido aos cargos funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla, apadriñada por Alejandro Chao; no mesmo ano volveron de novo a Madrid e publicou obras en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois volveron a Madrid. O 4 de xuño de 1862 mórrelle en Santiago a nai, Teresa de Castro, á idade de 57 anos, dunha "lesión orgánica do corazón". Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela.
Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería na súa casa-museo.
A morte de Adriano, o seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente na súa casa de Santiago e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón. Rosalía foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Despois da súa morte, os fillos, obedecendo a súa derradeira vontade, queimaron os seus escritos.
As actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña (1871-1878), Santiago de Compostela, Lestrobe (1879-1883, residindo no pazo de Hermida), Estremadura, Alacant... e mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en Santiago o 7 de decembro de 1868[25] (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en Lestrobe en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada na Coruña en xullo de 1873 (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en Santiago en marzo de 1875 (morreu en novembro de 1876 debido a unha caída[26]), e Valentina, nada morta en Santiago en febreiro de 1877.[9]