Galicia en goles do día 29/11/20202020/Nov/Sun
Dirixe e presenta Xoán GalánAs retransmisións dos partidos do Celta e do Lugo nas competicións da LFP son a base do programa, xunto ao seguimento aos seis equipos galegos de Segunda B: Deportivo, Pontevedra, Compostela, Celta B, Coruxo e Racing de Ferrol. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na Primeira feminina, e ao Friol, na Segunda feminina.O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Obradoiro, na ACB; Ensino, no baloncesto feminino; Cangas, Cisne, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns masculino, e Borbolla, no feminino; Parrulo Ferrol e Burela, no fútbol sala masculino; Ourense, As Burgas, Burela, Poio e Amarelle no fútbol sala feminino; os dous equipos do Emevé Lugo e Boiro, no voleibol; Crat Coruña, no rugbi feminino; Badminton Pontevedra, na Liga Nacional de Clubs; e o Amfiv Vigo, no baloncesto en cadeira de rodas.
Comentarios