Neste programa da TRIBO RADIO participan activistas do movemento ecoloxista galego coas que falamos da contaminación das augas, da emerxencia climática e das secas. Coñecemos alternativas eficientes adaptadas á realidade galega, preguntámonos por que é importante que os ríos flúan libremente e como reducir o noso consumo de auga.
Contamos con Verónica Torrijos, bióloga e activista de ADEGA; Alba Pazos, activista do colectivo Auga Limpa Xa; Manuel García, labrego e membro de MEL (Movemento Ecoloxista da Limia); Pablo Gómez, biólogo e membro da Plataforma pola Recuperación do Sar; Antón Masa, Presidente da APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra); Isabel Torres, activista do colectivo “A Rente do Chan” e Xandro García, biólogo mariño, activo en RRSS sobre temáticas do medio mariño baixo o nome Mar Abaixo e coas voces de Adela Figueroa, poeta e activista; Celso Sanmartín, actor e contador de historias; Xoana, música; María de Paloi, música instrumentista catalá e Inés, Estela, Marcela, Andrea e Xiana, de A Banda da Loba.
O programa complétase coa música de Bia Ferreira, Albert Pla, Xoana, Najla Shami, Mano Negra, Manu Chao, Moun Qup, María de Palol, Xenderal_Nitram_Mou, Camarón de la Isla, Youssou Ndour + Neneh Cherry, Mariana Aydar e A Banda da Loba.
Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan.
Aquí tes máis informacion
www.atribo.gal
twitter.com/AtriboRadio
https://t.me/ATriboRadio
https://www.instagram.com/atribo.gal/
https://www.facebook.com/ATriboRadio
O equipo
REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa
COORDINACIÓN Verónica Álvarez
DESEÑO GRÁFICO Laura Romero
COMUNICACIÓN Rosabel Candal
SUPERVISIÓN Duarte Crestar
PRODUCIÓN Tingalaranga
REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda
Comentarios